viernes, 21 de diciembre de 2007

AS LUCES NAVIDEÑAS

AS LUCES NAVIDEÑAS

NON SEXAMOS CÓMPLICES DA FARSA.

XAN-VIGO

Todos sabemos e somos conscientes de que a mayoría das promesas electorais quédanse niso, en promesas nada máis; o malo é que todo o mundo o acepta ( algúns indignados, pero o aceptan tamén ) coma parte inseparable e irremediable do sistema electoral. A falta de compromiso por parte dos partidos/candidatos á hora de cumprir as cousas leva á falta de interese e implicación por parte da xente, que está máis que escocida co tema das eleccións ( sexan éstas do carácter que sexan ).¿ Por qué non facer ( por ley ) firmar ante un notario, e públicamente, o programa electoral ? Creando unha comisión de seguimento constituída a partes iguais por xente de tódolos partidos, xuíces e incluso xornalistas, que faga un seguimento do prometido/cumprido polo partido/s que constituíu goberno, e que cada ano comproben que unha parte do prometido sexa cumprido ( o primeiro ano o 25%, o segundo o 50%...etc…por exemplo ), leximitando así a continuidade do partido/s no poder; así non habería maiores problemas, e a xente crería máis nun sistema bastánte máis xusto do que é o malchamado “democrático”. Se ó cabo deses periodos non se cumprise co tanto por cen correspondente: disolución do goberno e novas eleccións sen posibilidade de reelección do goberno saínte…Istas drásticas medidas ( entre outras que se me ocorren para facer do “sistema democrático” un “sistema verdadeiramente democrático” ) farían que os políticos non “botaran por fora” á hora de prometer e prometer nas campañas, que se “puxeran as pilas” dunha p…vez, que fosen máis honestos e consecuentes e que realmente chegaran a facer o mellor para a sociedade ( que é para o que os elixe o pobo: para vivir mellor, nunca sociedade xusta da que sentirnos orguiosos con respecto a outras sociedades…¡ e isto non é NACIONALISMO, non nos trabuquemos, por favor !). O que pasa é que aos que deberían facer dísto unha realidade exemplar non lles convén cambiar o sistema, para poder “sair de rositas” tras unha lexislatura na que non cumpriron nada ou case nada do prometido ( incluso ás veces facendo cousas contrarias a elas ). Non sexamos cómplices…¿ e se NINGUÉN votase, qué pasaría ?¿ a mensaxe do pobo cal sería…?¿ Acaso “NON CREMOS NO QUE NOS DICIDES QUE IDES FACER”?...¡ah!¡ qué bonito é soñar ! Un ácrata por obrigación.

No hay comentarios: